2013

6 de Xullo...SONS DA LAMEIRA//MALAHERBAROCK
No Torreiro de Matamá(Vigo)
A partir das 16:00H. :

Torneiño de Brilé
Exposición de coches clásicos de competición
Gaffiti en vivo
A partir das 20:00 (2 escenarios):

La Gran Orquesta Republicana
Keltoi
Recambios Tucho
Labregos do tempo dos Sputniks
Liska 
Os Vacalouras
Saldos Arias
Rocking for Tangas
A partir das 20:00 h. para entrar na zona de concertos haberá que adquirir un ticket de consumición mínima(caña,refresco,zumo...) por 2 euros 
.
              

VIDEOS PROMOCIONAIS






BANDAS

LA GRAN ORQUESTA REPUBLICANA

     La Gran Orquesta Republicana é unha banda  mallorquina de ská-fusión, formada no ano 1997 por Javier Vegas e o sue irmán Nacho, coa diversión e a antimonarquia como obxetivos en común.
     La Gran Orquesta pretende, a través da mixtura tanto de música como de ideas, incitar a bailar e a  pensar, a reír e a pelexar contra a apatía, o aburrimento, o pensamiento único ou a idiotez que provoca a indiferencia. A banda  formase na primavera de 1997, despois de que Javier Vegas “voz” ideara un proxecto no que unha persona soa, subira ao escenario e tocara todos os instrumentos a modo de parodia de unha Gran Orquesta. Ainda que finalmente tivo que xuntarse con outros músicos mallorquines para facer realidade "La Gran Orquesta Republicana". Pouco tempo despois grabaron a 1ª maqueta con 7 temas, editada en formato CD pola discográfica catalana “Propaganda” baixo o título de “Todos locos, todos contentos” , que ainda  que cun son limitado (lembrar que falamos dunha maqueta autoproducida) onde xá podemos contemplar a actitude  positiva á vez que combativa, e un son mestizo e que garante a festa rachada alá por onde van.

En 1999 sacarían o primeiro disco como tal, chamado “Lo importante está en tu cabeza” (Tralla Récords ), no que podemos atopar moitos dos seus temas máis míticos como "El lado bueno", "Vida de Colores" ou "Mi territorio" .
  O segundo disco, titulado “Optimista” (Tralla Récords ),grabase no estudio “Toni Pastor” de Palma de Mallorca durante o mes de marzo de 2001, e conta coa participación na mixtura do productor Denis Hermann (Técnico de son dos desaparecidos Estudios mediterráneo de Ibiza, famosos nos 80 polas grabacións que alí se fixeron : Judas Priest, Obús, Barricada, Leño...) destacan asimismo as colaboracións dun nutrido grupo de músicos locales (Acordeón, hammond, tuba, bombardino, percusión, trombón...) que dan unha nota de color á grabación, introducindo aires novos,  que proporcionan a  “Optimista”  unha riqueza estilística e unha variedade de propostas que se plasman nun son elaborado, renovado e cunhas sinais de identidade inconfundibles. “. 
   No 2004 autoeditan “Abrazos” (Guasa records-Kindustria ) un disco de contrastes onde conviven temas doces con outros máis contestarios, onde teñen cabida tanto o rock, como o reggae, a percusión caribeña ou pinceladas hardcore. Destacar a aportación neste disco de Germán Salvatierra e  Hugo Sócrate (baixo e percusión ), dous músicos argentinos que se suman a La gran Orquesta deixando no disco o seu particular toque musical
    En  abril de 2005, adiscográfica catalana Kindustria reeditará os dous primeiros discos da banda “lo importante está en tu cabeza” e “optimista” nun formato de 2x1, titulado “2Discos”  no que inclúen ademáis dous temas novos.
    No ano 2008 anunciaban a desaparición da banda, retomanda no 2011. Despois dun parón de varios anos voltaban cunha completa xira pola península nos meses de Outubro e Novembro.
    Finalmente no ano 2013 realizan a "gira pequeña 2013" cunha formación de Bateria, baixo, guitarra-voz e trombón.
     Máis info.:  http://www.laorquesta.org/



Keltoi!


Keltoi! formouse a finais de 1995 na cidade de Vigo e realizou o seu primeiro concerto o día das Letras Galegas de 1996 no pub "Rass" da cidade olívica, ao lado dos Diplomáticos de Monte-Alto. En 1997 colaboraron no recompilatorio Oito anos de sequestros co tema "Galeg@s", e meses máis tarde apareceu a súa primeira maqueta, titulada Casco vello.
Despois da edición da maqueta realizaron concertos pola xeografía galega e incluso algunha actuación fóra da Galiza, como na primeira edición do Oi!, Ska & Reggae Meeting en Xixón. Durante estes concertos Keltoi! compartiu escenario con bandas como Malarians, Los Milicianos, Skarface, Xenreira, Skacha ou Oi! The Arrase. Pero Sime, o vocalista do grupo, tivo que deixar a banda para ir traballar a Dublín e Keltoi! entrou nun período de inactividade.
A mediados do ano 2000 Sime volveu a Galiza, e Keltoi reiniciou as actividades, sendo un dos primeiros traballos a gravación de catro cancións para o recompilatorio Estado de sitio. Durante os seguintes anos produciuse o período de máis actividade da banda, saíndo a tocar varias veces fóra de Galiza e actuando con bandas xa consagradas como Dropkick Murphys, Thug Murder, Frontkick ou The Real Mckenzies.
Pero debido a que o guitarrista Mikele toca coa banda Soak e o batería Kino con Skacha, e tamén ás novas responsabilidades dos membros do grupo, finalmente decidiron disolverse, facendo o seu concerto de despedida o día 17 de xaneiro do 2005, xunto coas bandas Malas Cartas e Frontkick na sala Anoeta de Vigo.
No ano 2010

editaron un novo disco autoproducido "A nosa cinza" que en un principio se consideraba coma un disco "postumo" da banda, o mesmo tempo volveron a actuar para presenta-lo, iso si, con novos compoñentes, Gontxu e Adrian, xa que dos Keltoi! orixinais só quedaron Sime, Dani e Kino.



A comezos de 2012 Keltoi! volveu a trocar de formación, entrando Manu á batería, substituíndo a Kino; e Xurxo nunha das guitarras por Adrián.
Nesta nova época seguen dando concertos, tocando con bandas como The Boys ou Perkele. O 3 de xuño de 2012 actúan no Estadio municipal de balaídos diante de 31.000 personas o día do ascenso do Real Club Celta de Vigo a primera división. Actúan por primeira vez en Madrid xunto á banda inglesa Guitar Gangsters. Xa no 2013 viaxan por primeira vez a Catalunya pra tocar no Sant Jordi Indp Festival xunto con EINA e Opció k-95. Tamén tocan en Vigo xunto a unha das súas bandas de referencia, The Adicts.
Máis info.: http://www.myspace.com/keeltoi







RECAMBIOS TUCHO





          RECAMBIOS TUCHO regurjjita da boca de TUCHO (Antonio Novo Alonso Quijjano), o  que fòra creador e ideòlogo dos finadiños (ata hai un ano),HEREDEIROS DA CRUS. Despois de termos o jran privilexio de presentarnos ante a concurrida concurrensia (valja la rebusnansia)da nosa Santìsima Festa da Dorna da benquerida SANTA EUGÈNIA DE JUINSCONSIN, e case sen darnos conta, aparescemos na adorada Juadalupe de Rianxo (con tòdolos membros pero sen tanta roupa). RECAMBIOS TUCHO busca dàrlle a volta de parafuso (para fuso TÙ,guapo) os grandes clàsicos do rock dos 70(tentando desmerecelos na sua xusta medida) co desparafusador( desparafusa que??) retranqueiro do noso Tucho TUMBABRAJAS. .. Sen màis Retranca vergonzante i acusadora ¡señora! a uste me remito sen mais demora que  




RECAMBIOS TUCHO està de volta con enerxia
renovada i demoledora.




    Máis info.: www.myspace.com/recambiostucho





LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS


Labregos do tempo dos Sputniks é un proxecto musical do Leo (arremecaghona`s), e García (Dios ke te crew). Ata comezos de 2012 contaban coa presenza de Vero(Xenreira) á percusión, pouco tempo despois voltaban a ser 3, cando se lles unía A Lidia. O nome da banda ven dun poema de Celso Emilio Ferreiro.





Creado en 2007, xúntanse para concertos sen ensaios previos, como a "Festa pola liberdade" (sala Nasa, decembro de 2007), ou o 7º aniversario do Cineclube de Compostela (local social "a Gentalha do Pichel", abril de 2008).



Adoitan comezar poñendo en escena cadansúa proposta (O Leo cantando e na guitarra, e García cantando sobre bases), para rematar con temas conxuntos improvisados, co Leo á guitarra e García cantando.

 

 Máis info.: 
https://www.facebook.com/pages/Labregos-do-Tempo-dos-Sputniks/104689052941602?fref=ts


 




OS VACALOURAS


Somos de Teis, e cando saimos do colexo (alá polos 12 anos, no...2004 ou así) metéusenos na cabeza que ter un grupo de música era a ostia.
Pouco a pouco fumos conseguindo os instrumentos ata completar a formación de Guitarra, Voz, Baixo, Batería e Gaita a principios do 2007.
En Novembro dese mesmo ano dimos o noso primeiro concerto nun antro de perdición e dende aquela non paramos de tocar en locais deses. Cun repertorio algo extenso de cancións que falan de vellas que foden coma putas, de pirolas ou incluso de Santiago Pemán, gústanos armar unhas boas festas enriba dos escenarios.
Hai quen di que estamos un pouco tolos, pero bueno... quen está libre de pecado????

Quizais algún de vos tivo a oportunidade de escoitar a nosa primeira maqueta, que era un ensaio grabado en Metrópolis (Vigo) con 20 temas. Agora, dende que temos un local propio máis decente realizamos as nosas grabacións en casa, que se traballa máis a gusto (e de gratis).
En Agosto de 2012 empezamos a distribuir o noso primeiro CD, "Os Vacalouras xa están aquí" que poderedes descargar en internet en páxinas coma "O toxo rabudo" ou blogs.
Os Vacalouras realmente somos un grupo que cando se disfruta é nos directos, bailando e bebendo coma porcos en celo, así que se tedes a oportunidade vinde e saltade, o pasaredes ben.


Máis info.: https://www.facebook.com/osvacalouras







LISKA


Liska! é umha nova banda de ska com epicentro na cidade de Vigo formada entre finais de 2010 e 2011. O 2012 foi um ano de rodagem para a nova banda, tocando em salas e centros sociais por toda a geografia galega além de vários festivais. Ao mesmo tempo que se compunham novos temas ia-se definindo a formaçom até chegarmos aos atuais onze membros. Com umhas letras que fam do monolinguismo e do compromisso social os seus sinais de identidade e umha mestura de músicos
procedentes doutras bandas com novéis, entramos em estúdio em março deste ano para gravar o nosso primeiro trabalho.

Membros da banda:
Paulo (voz), Manolo (guitarra), Victor (guitarra), Diego (baixo), Chanquete (bateria),
Martín (teclista), Paula (trombone), Alba (saxo alto), Álex (saxo tenor), Candi (trompete) 
e Chino (saxo barítono).

Máis info.: http://www.myspace.com/liskapunk


SALDOS ARIAS


SALDOS ARIAS se forma en Vigo, Galiza a partir de la disolución de varias Bandas de la ciudad, así en 2004 comienzan a ensayar bajo el nombre de “SALDOS ARIAS” …después de varios meses , la banda queda definitivamente formada por: PERAS en la batería , Santi a la Guitarra, David al Bajo, Carlos a la guitarra y Simón Voz . El estilo de música practicado se orienta irremediablemente hacia el punk-rock Californiano.
En verano de 2005 graban su 1ª demo » Futuro Incierto» que los lleva a girar por toda Galicia.
Entre Octubre y Noviembre de 2006 graban su primer disco bajo la producción de Javier Abreu y Saldos Arias. El nuevo disco esta en la calle el 5 de Febrero de 2006 y se llama Nadie Alrededor, 10 temas de hardcore melódico rápido, contundente y pegadizo como chicle a un zapato que recibe excelentes criticas por parte de la presa especializada.
Después de otra extensa gira presentando el disco a finales de Junio de 2007 empiezan a preparar un EP con 5 temas totalmente nuevos llamado » Rey de Nada » y que se publica en Abril de 2008.
En estos momento editaron un Slip de 12 temas junto a la banda Rockin ´for Tangas, aunque sin dejar de lado los conciertos.
Saldos Arias han sido los teleneros de Bandas entre las que destacan : BAD RELIGION, SUN EATS HOURS o ENEMY ALLIANCE ( Satanic Surfers ).

Máis info.: http://www.saldosarias.com/





ROCKING FOR TANGAS


Rockin' For Tangas é unha banda de hardcore melodico composta por cinco paxaros autoctonos das Rias Baixas. Levan tocando uns aniños e teñen un disco compartido con Saldos Arias. Pouco mais hai que decir, só hai que miralos... Non te perdas a sua leira,dicimos leria no MalaherbaRock!!!



Máis info.: http://rockinfortangas.bandcamp.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario