2012


2012

Escuela de Odio

Son un grupo de hardcore/punk de Asturies, que comezan a súa andaina polo panorama musical no ano 1993, como trío (Pirri, Rubén, Iván), poUco despois o selo Xunca Records fixase no grupo e edita un EP chamado "La Escuela del Odio" en 1994
Máis concertos, temas en recopilatorios e a inclusión dun novo membro (Guti) chegan ao 1996, ano no que se volta a editar outro EP, esta vez con Fragment Music, titulado "La Razón del Pensamiento". Con máis concertos por todo o estado, a chegada dun novo membro (Fonso), a ida de outro (Iván), e algún tema en recopilatorios chegan a 1998, ano no que editan o seu primeiro álbum titulado "El Sueño de los que no Duermen" da man de Fragment Records. No 2000, onde con cambio de selo, esta vez Santo Grial Records, editan "Cuando los Mudos Griten los Sordos Sentirán el Miedo". Nese ano producese tamén a marcha dun membro (Rubén) e a entrada de outro (Michel). Finalmente e despois de alguns problemas sae en 2004 "De la Esclavitud a las Cenizas". Montóns de concertos por todo o estado, unha xira por Europa no 2006, outra por México no 2007, metenos en 2008, ano en que editan "Quien siembra miseria, recoge la cólera".





A súa discografía completase co disco de directo grabado no 2009 "Que nada nos pare" e co Split compartido cos madrileños Habeas Corpus, "A Dolor", que editaban no 2010.

Máis info. en: http://www.myspace.com/escueladeodioedo




Dakidarría



Dakidarría é uhna banda galega con profundas raíces no Val Miñor, formada por 8 músicos, que fusionan SKA, REGGAE e PUNK-ROCK. Coa festa por bandeira, sen deixar de lado a mensaxe dos seus temas, apostan pola energía e a festa, enriba e debaixo do escenario, conseguindo non deixar a ninguén indiferente. No 2005, sacaban a luz,o seu primeiro traballo chamado FRAGASAURUS REX con Sindrome Discos. A primeira gravación de estudio da banda, foi gravada nos estudios Áreamaster de Vigo, por Pantxo Suarez e mezclado en Océano Estudios por Javier Abreu. Neste disco colaboran Txus de Disidencia y DJ KAZE (Dios Ke Te Crew). No ano 2008,con moitos concertos as súas costas, e despois de máis dun ano de traballo con Javier Abreu en Océano Estudio, e co apoio de Santo Grial Records, Dakidarría saca o seu segundo disco, grabado e mezclado en Océano Estudios por Gabriel Reigosa e Javier Abreu e producido por este último. "El futuro nunca existió" inclúe 12 temas cargados coas ideas máis comprometidas de Dakidarría, máis de 20 colaboracións e ven acompañado dun DVD con unha reportaxe sobre o Azteka Tour VII e un Making Off da gravación. CD + DVD. En Mazo de 2010 agasallariannos con " REALIDADES ALIENANTES...", terceiro disco de Dakidarría e primeira parte dun traballo discográfico que completaríase co cuarto traballo da banda, no que nos amosan o punto de vista da banda, acerca da realidade social imperante dende un punto de vista do Ska-Rock. Producido por Javier Abreu en Océano estudios (Patos, Val Miñor) e masterizado en "Metropolis Studios" (Londres) por Miles Showell supón unha acertada combinación de ritmos ska co punk rock (mais matices de Reggae e ritmos latinos) de alta enerxía e festiva reivindicación. Ademais o disco se adereza coas colaboracións de Maxi de FE DE RATAS, García Dios ke te CREW, Blanca Represas Alonso, Carlos (Saldos Arias), Suso Feixón, David "Uiches", Jacobo Martínez y Angel Abril.
O 29 de novembro do 2011, foi a data elexida por Dakidarría para sacar á luz o seu cuarto álbum titulado "...Utopías emergentes". Un disco que completaba a obra comenzada no abril do 2010 con "Realidades Alienantes..." e que está xerando unha gran expectación. Gravado e producido por Javier Abreu en OCÉANO ESTUDIO (Val miñor, Galiza) e masterizado por Andy "Hippy" Baldwin, se´gundo eles mesmos afirman fixo real, algo, que no fai moito, consideraban utópico. Esta vez contaron coas colaboracións de Pulpul "Ska-p", Xavi "Obrint Pas", Iñaki "Betagarri", Gemma " Desechos", Esteban "Skacha", Suso "Soak", Paulo "Skarnio", Petetas "Tiro na Testa", Javi "Jabon Blue" "Heredeiros", Kike "Kallaikoi", Xurxo Souto "Tres Trebóns" "Dimplomáticos", Come "Skakeo", García "Dios ke te Crew", Vituco "Ruxe-Ruxe", Burilo "Skama la Rede", Totes "Konflikto", Isra "Repuestos" y "Salida Nula", Aligator, Islem Digro"Pánico", David Uiches (Trompeta), Suso Feixón (Percusión), Blanca Represas ( Saxo Barítono), Oscar Prieto (Tuba) e Pedro Álvarez Fariñas (Gaita). Durante estes anos, a banda percorreu os distintos recunchos da Peninsula Ibérica en varias ocasións, chegando a compartir escenario, con xente como Europe,Barricada,Macaco, Rosendo, Celtas Cortos ou Ojos de brujo; e participando en festivas de moito prestixio, como o DerrameRock, Aupa Lumbreiras ou o Brincadeira.

  Máis info.: http://www.dakidarria.com/



Dios Ke Te Crew



Todo comezou no Festigal 2003 cando a organización chamou a cantar aos grupos de rap 5 Talegos e Ghamberros, os dous de Ordes, que se presentaron conxuntamente como Dios ke te crew.
  Comprometidos coa cultura e a lingua do país, con ansias musicais que trascenden ao tradicional, eles poñen o selo galego á música hip hop, rap, breakbeat con influencias variadas desde o jazz, o rock ao funk ou o reggae. Con letras intelixentes, afiadas e retranqueiras fan un repaso pola cultura, sociedade e política galegas deixando pegada co seu particular xeito de crítica. Volven pola defensa do noso, pola defensa da natureza, pola defensa do xenuíno e do tradicional, sen renunciar á modernidade.
  A primeira gravación oficial dos Dios Ke Te Crew foi o corte que se engadiu no filme "Hai que botalos", un recompilatorio de curtametraxes postas en circulación con motivo das eleccións ao Parlamento Galego en 2005. No 2006 lanzan o seu primeiro traballo, "Xénese", o que foi o primeiro disco de rap integramente en galego. Teñen actuado en infinidade de lugares no territorio nacional e do estado español, compartindo escenario con grupos coma The Beanuts, Ojos de Brujo, La Mala Rodríguez, Violadores del Verso ou La Excepción.
Non sería ata o verán de 2011, cando da man de Boa Records, a principal editora e promotora de Hip Hop de o estado español, cando sairía a luz o agardadísimo segundo traballo da banda de Ordes, "Humanose".

Máis info.: www.diosketecrew.com




Falperrys
 
É unha banda de punk folk , ou como eles mesmo se definen Punk tabernario para almas perdidas. Música divertida, doada de bailar e de escoitar, son ritmos ebrios e agradecidos, tanto para a banda, coma para os que teñen a sorte desfrutar da súa música, nesa atmosfera de festa rachada con aroma a viño do pais.  
A ampla experiencia dalgúns dos seus membros, en bandas galegas da escea punk como Skacha ou Tiro na testa, xunto cos matices introducidos pola inclusión de instrumentos coma o acordeón ou a mandolina, fan de Falperrys unha banda especial.
Unha aportación gamberra a esa música popular con aroma folk, e con alta capacidade de contaxio dese espiritu festeiro sempre presente nos compoñentes dos Falperrys, que ademais de difundir polos diferentes puntos da xeografía galega e algunha que outra escapadiña no resto do estado español, levaronnos en dúas ocasións máis alá dos Pirineos nunhas exitosas xiras europeas, na que é destacable a gran aceptación da banda en terras xermanas.
 Máis info. en: www.myspace.com/falperrys



Atlantic Valley






O grupo naceu a principios do 2011 cando tanto Simón na batería coma Marcos o guitarra trataron de facer un grupo de Stoner Rock despois de que se desfixera a anterior banda (Soyuz) na que tocaban.

Foi nese momento cando puxeron algún anuncio buscando cantante. Rápidamente obtiveron a resposta de Alexandre que fixo a proba e xa quedou no grupo. Pouco despois e por mediación duns amigos uniuse ao grupo Ángel, exmembro de Reos, no baixo.


Máis info.:




Los Kualkiera


“Los kualkiera” nace dun proxectodos irmáns Rodríguez. Miguel e Oscar. Tra-los primeiros caóticosensaios no rocho con colegas deciden chamar a Álvaro para formarunha banda algo máis seria. Álvaro toca a guitarra, como Miguel.Oscar a batería.

Xa nos primeiros ensaios como “Loskualkiera” botan en falta o baixo e a voz. Almansa (voz) e Pablo(baixo) son os encargados de completar a formación.
Cun tempo de ensaios en diferenteslocais (xa non entraban no rocho e facían demasiado ruido) comezan atocar por Vigo en diferentes locais e graban a súa primeira maquetanos estudios namek: “el freno no pisaré”.


Tras un parón por falta de motivación voltaban a principios de 2011 con máis fame que nunca e cun cambiona voz, Almansa abandona o grupo e Álvaro comeza a cantar, ademaisde seguir tocando a guitarra.
Comeza o ano 2012 e deciden grabar dostemas novos, outra vez nos estudios namek, simplemente para dar máisdifusión a nova etapa. A modo de presentación.
Los kualkiera seguen traballando ennovas composicións e tocando donde saia, co fin de disfrutar e facerdisfrutar o  público. Sempre coa ilusión por diante.
Máis info.: www.myspace.com/loskualkiera

Blue jeans


David Alonso, Adrián Barreiro , Bladimir Costas e Andrés García comezan a súa andadura  con Blue Jeans en setembro de 2007. Tras varios ensaios dan os seus primeiros concertos e gravan a súa primeira maqueta "Las palabras se las lleva el viento" da man de René Molinos. Con esta maqueta soan en varias radios locais e tocan en varios festivais compartindo escenario con grupos da talla de Moom Cresta ou Dakidarría. En 2009 presentan a súa segunda maqueta "ESTO ES BLUE JEANS" que ó igual que a primeira foi producida por René Molinos, este traballo é presentado en varias radios, dando máis de 50 concertos e tocando en varios festivais con grupos de renome, así como teloneando a IVAN FERREIRO, ZENTTRIC ou NO WAY OUT. Saen no Maketón TV co videoclip de "Sábado noche"(LOCALIA) e participan na XIRA MAKETON  e aparecendo no CD do Maketón E.G.
  Proximamente sairá á venda o seu primeiro disco "Estereotipos" co seu videoclip
Máis info.: www.myspace.com/bluejeans99




Os narvais



Somos un grupos vigues que naceu o outubro de 2010, pero non dimos ningún concertó ata o 17 de decembro de 2011 polo tema de que nos faltaba sempre o batera. Facemos punk-rock gallego e as nosas influencias principais son ”Sieniestro total” e “Novedades Carminha” e logo cada un dos componentes ten os seus gustos particulares.

A partir deste 17 de decembro imos pouco a pouco intentando coller voo, cousa que resulta complicado nestas épocas onde a música estase a infravalorar. Somos moi recentes e non temos moito que contar, tocamos no contrabaixo , no cine salesianos, na iguana e ect.

Os componentes deste grupo son Diego Lorenzo , o vocalista, Antonio Sotelo, guitarra rítmico, Pedro Mogin, guitarra solista, Elias Rodriguez , Baxista e finalmente Fiz Novoa a batería.

Pouco e o camiño que percorrimos, pero temos boa base e unha boa constancia, por tanto, temos e teremos que decir moito no noso presente e no noso futuro, e intetaremos levar a nosa música ala a donde se poida.

Máis info.: www.myspace.com/osnarvais







 







.

No hay comentarios:

Publicar un comentario